|
memo |
|
Magreb: Sen Fronteiras |
A Bienal de Arte de Pontevedra abre mañá a exposición ‘Sen Fronteiras. Converxencias artísticas hispano-magrebís’. A mostra ofrece unha reflexión, confrontada coa hispana, sobre a realidade artística actual dos tres países centrais do Magreb: Alxeria, Marrocos e Tunisia, tan próximos pero á vez tan pouco e mal coñecidos A mostra terá as súas sedes no Pazo da Cultura de Pontevedra e no novo edificio do Museo de Pontevedra, que será acondicionado para esta ocasión. Dirixida polo director do museo de Pontevedra, Carlos Valle, «Sen fronteiras» ten como comisario ao marroquí Abdelkrim Ouazzani, que destacou que «é un proxecto novidoso no seu alcance e significación que non xorde como froito do azar». Nesta edición tomarán parte, como asesores, para Alxeria, Mohammed Djehiche, director do Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Alxer; para Tunisia, Rachida Triki, presidenta da Asociación tunisiana de profesores de Estética, e para España, Xosé Manuel Lens, crítico de arte e comisario de exposicións. A este marco de reflexión foron invitados vinte e nove artistas, dez marroquís, sete españois, seis alxerianos e outros tantos tunisianos, seleccionados, explicou o comisario da Bienal, «partindo das súas traxectorias e da súa afinidade vital e profesional coa proposta». A nómina de artistas complétana, desde España: Carme Nogueira, Pablo Gallego Picard, Félix Fernández, Amaya González Reyes, Abigaíl Lázkoz, Carlos Rodríguez Méndez e Xosé Freixanes. Desde Alxeria: Omar Meziani, Kader Attia, Amina Menia, Amina Zoubir, Fatima Chafaa e Rachida Azdaou. Desde Tunisia: Sana Tamzini, Halim Karabibene, Nicène Kossentini, Mouna Jemal, Mouna Karray e Nadia Kaabi Linke. Desde Marrocos: Mounir Fatmi, Khalil el Ghrib, Safaa Erruas, Younès Rahmoun, Bilal Chrif, Mbarek Bouhchichi, Hicham Benohoud, Jamila Lamrani, Ilias Selfati e Said Messari. A Bienal pechará o 7 de setembro. bienal.depo.es Khalil El Ghrib (français) Khalil El Ghrib (english) Khalil El Ghrib (español) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |